sábado, 20 de octubre de 2007

FORO Nº 21 "DEBATE DA ESQUERDA"


Trotski e a revolución socialista hoxe


Trala caída do muro de Berlin asistimos a unha abafante ofensiva ideolóxico mediática que certificaba a vitoria final do capitalismo a nivel global e o enterramento definitivo de calquera modelo alternativo de sociedade. Boa parte dos dirixentes da esquerda colaboraron con este discurso: pregoaron a fin da loita de clases e a inutilidade das ideas que forneceron o movemento obreiro durante 150 anos. Renunciar a dar a batalla no terreo das ideas é renunciar a transformar a sociedade.
Hoxe, dende Venezuela, Bolivia ou México ata as rúas de Vigo, a loita de clases dá mostras de estar viva, reflexando a necesidade dun programa político revolucionario. Para iso, cómpre botar a vista atrás e recuperar as ideas e tradicións que impulsaron á clase obreira a tomar o poder e construir o primeiro rexime socialista da historia en Rusia. Alí, o Partido Bolxevique de Lenin e Trotski foi quen de conxugar teoría e práctica revolucionaria. As ideas do marxismo alimentaron a estes dous grandes revolucionarios aos que nos lles temblou o pulso ante as tarefas históricas da clase obreira rusa. Á morte de Lenin, León Davidovich Bronstein, Trotski, recolleu o seu legado e portou a antorcha das xenuinas ideas marxistas na loita contra a burocratización do réxime encarnada por Stalin. Este combate costoulle caro, converteuse no dirixente revolucionario máis perseguido da historia, tanto polos gobernos burgueses como pola burocracia soviética, que estaba a liquidar á vella garda bolxevique. Para varias xeracións de comunistas afectados polas mentiras oficiais do estalinismo, Trotsky era o diaño; o colaborador do fascismo, cando non o "tolo ultraesquerdista" que coma un profeta delirante falaba de "revolución mundial" sen entender de "condicións obxectivas". O único que osaba criticar ao réxime burocrático "facendo o xogo ao imperialismo”. Finalmente, en 1940, Trotsky, o compañeiro de armas de Lenin, o presidente do Comité Militar Revolucionario en outubro de 1917, o fundador da III Internacional e organizador do exército vermello, caía asasinado polo golpe mortal dun piolet.”.
León Trotsky mantivo a continuidade do programa marxista, do internacionalismo e a independencia de clase na actuación das forzas revolucionarias. Hoxe preséntase coma un referente para todos aqueles que buscan unha explicación consecuente ao derrumbe do chamado "socialismo real" e á crise da sociedade capitalista, coma un punto de apoio imprescindible á hora de construir unha alternativa revolucionaria no século XXI.

No hay comentarios: